O Concello de Quiroga abriu o prazo para os
colleiteiros interesados en particiar na
XVI Mostra do Aceite de Quiroga que se celebrará o vindeiro día 8 de
maio. Os interesados terán ata o luns 4 de abril para realizar a inscripción na
casa consistorial.
As condicións para poder participar, tendo en
conta, que o número de colleiteiros será limitado a 6, son as seguintes:
-Ter unha colleita mínima de 200 litros de aceite.
-Aboar 100 € de inscrición, ou ben facilitar a
cantidade equivalente en aceite.
-A Comisión Organizadora recollerá mostras ao
azar para a súa cata o mesmo día da
Mostra.
A selección dos participantes farase tendo en
conta un rigoroso orde de inscrición nas oficinas municipais por rexistro de
entrada; ademais dun resultado aceptable do análise químico e organoléptico que
determinará o laboratorio especializado que se dispoña.
No momento de formalizar a inscrición nas
oficinas xerais da Casa do Concello é obrigatorio presentar na Casa da Cultura
unha mostra de 1 litro en envase de
cristal para o análise correspondente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario