Hoxe comeza a 5ª edición do Concurso "Quiroga de Tapas". A corporación municipal
acompañada pola delegada da zona sur da Asociación de Hostelería da provincia
de Lugo, Beatriz Vila, abriran hoxe ás sete da tarde no restaurante Dimar, o
concurso que se prolongará ata o vindeiro venres 25 de marzo.
As tapas coas que
compiten os vinte establecementos participantes son:
Adega de María: As
cousas da miña terra.
Palmeras: tabulé
Portón: callos con
fabas de Lourenzá.
Raposo: hamburguesa
rústica de Quiroga.
Quiper: strogonoff da
Eva, tudo junto e mesturado.
A Taberna: Tapa A
Taberna.
Ruxe: paneta
Lago: champiñons recheos,
soia e tomates cherry
Félix: mata fame
arrollao
O Roxo Vivo: ensalada
de salmón marinado e aguacate con vinagreta de lima.
Casa Torres: escalopines
de tenreira en salsa crema, champiñóns, tallarines e verde
ChapaKuña 3: croquetas
de lagostino e xamón ibérico con ensalada de queixo, froitos secos e mel de
Quiroga.
O Recuncho de Dino:
pasteliño de verduras con salsa de piquillos.
Dimar: roliño recheo
de langostinos e grelos con crocante de millo, crema de Arzúa e milfollas de
pataca ó forno con aceite de do Val de Quiroga.
Ferreiriño: niño de
cogomelos
Escaleira: galician
people
A Barca: montaña de
pataca ao queixo.
Vinoteca Quiroga:
tosta do mar
Mesón da Clara: carne
mechada ao whisky
Dakar: medallón de
solombo ás dúas salsas
O
Concello distribuiu nos locais participantes cartillas de votación
“tapacartóns”, a disposición gratuíta do público consumidor, que será quen
determine o gañador do concurso. Ademáis, en todos os establecementos
participantes, estarán situadas as urnas oficiais de votación.
A tapa presentada ó
concurso, deberá estar exposta de forma destacada, así como a disposición do
público consumidor, a un precio de venda ó público de 1,50 €.
Cada vez que un cliente deguste a tapa
presentada a concurso, o establecemento participante deberá selarlle, si non o
fixera aínda, a cartilla de votación, na casilla correspondente ao seu
establecemento, si xa estivera cuberto o tapacartón, o local ten a obriga de
darlle outro. Se o establecemento non dispón da tapa no horario do concurso,
está obrigado a selar o tapacartón na casilla correspondente e poderá ser
penalizado.
Cando
o cliente complete a degustación de todas as tapas presentadas a concurso en
todos os establecementos participantes, poderá votar a súa tapa favorita
utilizando o tapacartón e introducindo o mesmo nas urnas oficiais do concurso,
ubicadas en todos os establecementos participantes.
Non será válida ningunha cartilla de votación
que non conteña selo de todos os establecementos participantes, o seu voto,
escrito de forma lixible e un nome, apelidos e teléfono de contacto da persoa
que emita o voto.
O cliente poderá ter en conta, á hora de
emitir o seu voto, Presentación e innovación, gusto, sabor, texturas e aromas e
calidade dos ingredientes.
Na presente edición
hai numerosos premios para as persoas que completen o circuito e emitan o seu
voto á mellor tapa entre todas as participantes. Así poden optar a un premio
de 300,00€ en metálico; un circuito
termal, con estancia, almorzo e comida no Balneario de Augas Santas(Pantón)
para dúas persoas; unha estancia e almorzo para dúas persoas na Hospedería
Ferrería de Quintá; unha estancia para dúas persoas na Aldea Rural “O Busto”
(Pobra de Brollón); unha noite para dúas persoas no Hotel Conde de Lemos
(Monforte); varias comidas ou ceas para dúas persoas en diversos
establecementos; unha visita ás instalacións e degustación de Viño para catro
persoas no Centro doViño Ribeira Sacra; ou un lote de productos típicos de Caurelor, Lar de Ricobao, Porvide e
Morriña.
Pola súa banda o local
gañador da mellor tapa da presente edición recibirá100 € e unha praca
conmemorativa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario