25 mar 2016

XXXIV FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA

     Quiroga comeza a súa Feira do Viño mañá sábado pola mañá cun Encotro Infantil e Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, que terá continuidade nos concellos de  Manzaneda e Ribadavia.
      En total, actuarán cerca de cincocentos músicos, que comenzarán ás once e media da mañá, cun desfile conxunto que partirá dende a Casa da Cultura ata a praza España, onde se desenvolverá o certame, se as condicións meteorolóxicas o permiten. En caso de non ser así, o certame desenvolverase no Auditorio Municipal.
   O certame constará de duas partes, unha participativa para aquelas formacións máis novas e outra competitiva para as bandas xuvenís.
      Os organizadores pretenden que a convocatoria teña continuidade no tempo e que axude a reforzar o atractivo dos tres festexos aos que se asocia.
   O Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas de Quiroga rematará coa actuación do gaiterio pontevedrés, Óscar Ibáñez.
    Outra das novidades deste ano será a inauguración da feira, que xa terá lugar ás doce e media do mediodía, non pola tarde como se facía ata o de agora. O encargado de inaugurar a feira desta edición será o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Roman Rodríguez González.
      Durante toda a tarde non faltará novaente a música no recinto feiral. A partir das cinco, a banda de Gaitas San Martiño e o grupo Os Palletas, actuarán no recinto. A partir das seis e media as actividades trasladaranse ata o Auditorio Municipal, onde actuará a Coral Polifónica de Quiroga, a Banda de gaitas San Martiño e os grupos de danzas San Martiño e Arume da Queiruga. Tamén se fará entrega  dos premios do certame Cartas de Amor Vila de Quiroga.
      Ás oito e media, no palco terá lugar o pregón a cargo de Kiko Hernández, colaborador do programa Sálvame de Telecinco, que estará presentado polo xornalista e escritor José Luís Blanco Campaña. Ao remate do pregón o propio pregoeiro decidirá quen é o gañador do VI concurso de camisetas.
      O grupo Atenas será o encargado de pechar a festa e a verbena. O domingo a música virá da man do grupo Os do Recanto pola mañá, e pola tarde da Charanga Mecánica.
     A unha menos cuarto do mediodía, nas instalacións do Museo Etnográfico entregaránselle as medallas aos doce colleiteiros participantes na XXXIV Feira do Viño de Quiroga, que son:
  
 Héctor Enríquez Santiso, de Pacios de Mondelo.
          Antonio García Álvarez, de San Xulián de Abaixo.
          Antonio Castro Álvarez, de San Vitoiro.
          Álvaro Rodríguez González, da Toca.
          Gaspar Álvarez Nogueira, das Medas.
          Elías González Mourelo, de Carballo de Hospital.
          Juan Rodríguez Diéguez, de Centeais.
          Antonio Vázquez López, de San Xulián de Abaixo.
          María Oliva Cao, de Bendollo.
          José Luis Rodríguez Lago, de San Xulián de Abaixo.
          Alfonso Nuñez Calvo, dos Novaes.
          Ceferino González Vidal, de Bendilló
  
     Durante as duas xornadas non faltará o viño destes colleiteiros que decidiron manter o prezo como en anos anteriores, así o vaso venderase a 1 €, 5 € a botella de viño e a 12 € o estuche de tres botellas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario