Unha veciña de Quiroga está hoxe de aniversario. Cumpre nada máis e
nada menos que 104 anos.
Obdulia Mourelo Alvarez, naceu o 23 de marzo do 1912. Dos seus seis
fillos, actualmente viven tres, ten dez netos e dez bisnetos. Xa viuva ingresou
na Residencia de Quiroga no ano 2.000.
Nesta institución foi onde hoxe celebraron esta data tan sinalada.
Obdulia soprou as velas da torta acompañada de familiares, traballadores e
residentes. Na celebración non faltou o champán nin a música para os que aínda
se atreveron co baile.
A sra Obdulia, ainda que un pouco cansada, disfrutou esta mañá da festa
organizada na súa honra e amosouse contenta de chegar a unha idade tan
avanzada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario