22 mar 2016

UN CERTAME DE BANDAS DE GAITAS ABRIRÁ A FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA

       Quiroga comezará a súa Feira do Viño o sábado pola mañá cun Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, que terá continuidade nos concellos de Manzaneda e Ribadavia. Estes tres concellos, en colaboración coa Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense son os que organizan o certame.
      Onte pola mediodía presentouse este certame. Á presentación acuidu o alcalde de Quiroga, Julio Alvarez e o alcalde de Manzaneda, David Rodríguez. No certame tomarán parte dezaseis formacións de Quiroga, Monforte, Chantada, Lugo, Ourense, Vilariño de Conso, Verín, Xinzo, Bande, A Estrada e Ponferrada. En total, actuarán cerca de cincocentos músicos, que comenzarán cun desfile conxunto que partirá dende a Casa da Cultura ata a praza España, onde se desenvolverá o certame, se as condicións meteorolóxicas o permiten. En caso de non ser así, o certame trasladaríase ata o Auditorio Municipal.
    José Luís Foxo, presidente da Real Banda de Gaitas de Ourense, e organizador do certame destacou as duas partes coas que conta o certame, unha participativa para aquelas formacións máis novas e outra competitiva para as bandas xuveniles; xa que está orientado fundamentalmente a estudantes de gaita en idades infantiles e xuveniles.
       Un equipo de profesionais do ensino da gaita ou percusión ofrecerán por escrito informes instructivos enfocados á educación e comportamentos estéticos, tendo en conta o respeto ao público e a disciplina do saber estar.
       Os organizadores pretenden que a convocatoria teña continuidade no tempo e que axude a reforzar o atractivo dos tres festexos aos que se asocia, que son as feiras do viño de Quiroga e Ribadavia e no Certame de Gaitas de Manzaneda.
          O acto de presentación rematou coa actuación de Óscar Ibáñez, gaiteiro que será tamén o encargado de rematar o Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas de Quiroga.

No hay comentarios:

Publicar un comentario