O Grupo Municipal de Emerxencias conta cun novo vehículo para
facilitarlles o seu traballo nas urxencias de incendios. Trátase dun camión motobomba
que lles entregou a Xunta de Galicia.
Este camión, xunto co que se lle entregou tamén á brigada forestal da
Xunta en Quiroga, forma parte dos 57 vehículos motobomba que a Xunta de Galicia
puxo a disposición de varios concellos galegos.
No acto de entrega, que tiña lugar en Silleda, e ao que acudía o
concelleiro José Luis Rivera e persoal do GES, participou o presidente da
Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez.
Unha vez que o vehículo chegou a Quiroga, foi o alcalde, Julio Alvarez,
quen se encargou de achegarse ata a base do Grupo de Emerxencias para ver o
novo vehículo, no que non dubidou en subirse. Trátase dun vehículo totalmente
equipado para a loita contra incendios e que ten capacidade para levar a cinco
persoas.
Este camión únese ao dispositivo co que conta o equipo de emerxencias,
unha carroceta antiincendios e dous vehículos máis lixeiros e de menor tamaño
para acudir máis urxentemente, un deles dotado tamén de equipo de excarcelación
para accidentes de tráfico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario